domingo, 12 de maio de 2013

XI Xornadas da Muller - Pontevedra 2013

Hoxe asistín ás XI Xornadas da Muller , certo é que marchei ás 17:30, polo que só podo informar do que escoitei e vin ata esa hora.

A xornada comezou con Luz Castro (profa. da facultade de Comunicación Audiovisual da UDC) coa ponencia "As mulleres e a tecnoloxía: unha historia chea de estereotipos"
Resultoume tremendamente interesante e esclarecedora, non só polos datos, senón polo esforzo de promoción da visibilidade da muller no ámbito da tecnoloxía.
Algunha das cousas que me chamaron a atención, ou que coñecín na súa exposición:
- A productora de Walt Disney , a principios do s.XX, negoulle a unha muller ( Mary V. Ford) a oportunidade de traballar como deseñadora/debuxante por que "as mulleres non son creativas", e que había outras funcións máis adecuadas.
- Ada Byron (filla do coñecido Lord...) é considerada a primeira programadora.
- O macro computador ENIAC (1946), con función militar, era manexado por un equipo de case unha centena de mulleres, que para tal fin debían realizar complexas operacións matemáticas manualmente. Estas mulleres, foron chamadas "refrigerators girls" pois ata os anos1970, as imaxes que delas había ao carón do computador foron tomadas como sesión fotográficas con modelos...
- Grace Murray Hopper, creadora da linguaxe  COBOL (COmmon Business-Oriented Language), tamén acuñou os erros informáticos como "bugs" polos "escarabellos" que se metían nas válvulas dos grandes ordeadores da época, producindo erros....fixádevos que nas webs, ao carón da opción "informar dun erro" aparece o icono dun escarabello.
-Anita Sarkeesian é unha activista feminina que fixo un estudio no que se analizan as persoaxes femeninas nos video xogos : "Tropers vs. Women", que se pode ver na súa web Femenist Frequency
-Existen iniciativas para promover o estudo da tecnoloxía na poboación femenina, entre elas a ICT-GO-GIRLS  (https://www.cesga.es/es/investigacion/proyectos/Proyecto?id=311)
-En Galicia, e desde unha perspectiva educativa, temos xogos ben interesantes : "O misterio das 7 pezas", "Perdidos en Cooperalia"  , CLMNTK http://xogo.climantica.org/   (Imaxín Software)
-Páxina para traballar os valores ... «Games for change»


A segunda ponencia, "Estereotipos e roles sexistas nos videoxogos máis demandados pola adolescencia galega", por parte de Ana Méndez-Irigorri (socióloga) e Iria Calvo (psicóloga)  amosou datos dunha investigación feita por elas. As conclusións inciden en que se dá diferenciación neste ámbito, ben pola percepción que se fai dos/as destinatarios/as, ben pola caracterización das persoaxes.

A mañá rematou coa presentación do Trivial Feminista, desenvolto polo Observatorio da Mariña pola Igualdade. Ë un magnífico instrumento para sensibilizar, visibilizar e aportar información sobre a vida e obra de mulleres. Por certo, que teñen unidades á venta por un prezo moi axeitado : 40 euros. (http://www.observatorioigualdade.org/inicio/)


Pola tarde só asistín á presentación do proxecto de Mª Olga Rodriguez Díaz "Biblioteca escolar e xénero".
Desde a lectura de contos clásicos, os nenos e as nenas de primaria analisaron os roles e estereotipos que se fan da muller. Ë un bo xeito, educativo e clarificador para quen participa, sobre a realidade máis inmediata.
Este proxecto e outros están dispoñibles en :
        http://heichedecontarunconto.blogspot.com.es/2011/09/o-proxecto.html
        http://bemilladoiro.blogspot.com.es/
        http://bemilladoiro.blogspot.com.es/2009/02/mulleres-na-historia-de-galicia.html


Non puden quedar ao resto, que sen dúbida estivo interesante...
O enlace ao programa das Xornadas   http://www.as-pg.com/ViewNewness.do?newnessId=152


Agardo que co meu breve resume xurdira interese por saber máis :)




http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2013/05/12/xi-xornadas-da-muller-debaten-sexismo-nuevas-tecnologias/808910.html