quarta-feira, 8 de agosto de 2012

GOZA DO ULLA - Sendeirismo



Memoria Histórica Cerdedo - Verbo Xido


VERBO XIDO  Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes

Camiño do Pouso 2

36560 Soutelo de Montes

                      
     
            O vindeiro luns 13 de agosto, como facemos cada ano desde o 2006, acudiremos ás 20 horas á Ponte do Barco en Pedre (Cerdedo) para lembrar e render unha sinceira e sentida homenaxe ás vítimas da represión franquista na Terra de Montes.
         Francisco Arca e Secundino Bugallo, asasinados na mañanciña do 13 de agosto de 1936, son para nós a representación das 41 mortes, das 254 persoas represaliadas e dos 35 mozos que perderon a vida no frente republicano, todos eles e elas pertencentes á Terra de Montes.
        Ademais de deixar unhas flores no pequeno monumento de pedra que lembra estes terribles feitos, o historiador e membro de Verbo Xido, Dionisio Pereira, falará sobre “Antonio Rodríguez Fraíz e a memoria dos vencidos na Terra de Montes”. Cúmplese este ano o centenario do nacemento do que foi Cronista da Terra de Montes, cofundador do Museo do Pobo Galego, e que, entre outros méritos, ten o de ter sido a primeira persoa en deixar testemuño escrito, aínda antes de morrer o dictador, da represión nesta bisbarra a través das páxinas da Gran Enciclopedia Gallega. Esta será, pois, unha das contribucións que o noso colectivo fará ao devandito centenario.

      Agardamos a vosa presenza neste acto en lembranza das vítimas da barbarie.


                                Lola Varela

                           Presidenta da Asociación Verbo Xido

sábado, 4 de agosto de 2012

Fundación Alexandre Bóveda: programación do 17 de agosto, Día da Galiza Mártir 2012



13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE POIO A ALEXANDRE BÓVEDA.
No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán en representación dos concellos vinculados á vida e morte de Alexandre Bóveda:

  • Silvia Díaz Iglesias (Concelleira de Cultura)
  • Isabel Pérez (Tenente de Alcalde do Concello de Ourense)
  • Miguel A. Lores (Alcalde do Concello de Pontevedra)
  • Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
  • Amalia Bóveda (En representación da Familia Bóveda)
HOMENAXE FLORAL NO MONUMENTO A ALEXANDRE BÓVEDA.

HIMNO GALEGO INTERPRETADO POLA ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL DE POIO.

14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO VII PREMIO DIA DE GALIZA MÁRTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA á Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero).
No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra. 

Información e inscrición na seguinte ligazón e na páxina web da Fundación Alexandre Bóveda.

18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)

19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA no Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)

Presenta en representación da Familia e da Fundación Alexandre Bóveda: 
  • Xosé Luís Bóveda
Intervirán:
  •  Mini e Mero

20:30 ACTO POLÍTICO na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra) 
Coas intervencións de:
  •  Ernesto Vázquez
  •  Valentín G. Bóveda
  •  Francisco Jorquera (Deputado do BNG no congreso dos Deputados)