quarta-feira, 30 de maio de 2012

NOITES DE TASCA EN ORDES


COPA GALEGA DE ESCALADA






Roteiro de Alexandre Bóveda



O día 1 de xuño (venres) a partires das 22:00h :segundo roteiro adicado a Alexandre Bóveda en Ourense.




Os obxectivos deste roteiro son os seguintes:
1. Lembrar o aniversario do nacemento de Alexandre Bóveda na súa cidade natal.
2. Concienciar á sociedade ourensá da relevancia de Bóveda no noso país.
3. Redescubrir a súa figura na súa e nosa cidade, que é Ourense.
4. Festexar dun xeito lúdico a súa entrega por Galiza a través dun roteiro polos lugares máis significativos da súa infancia e mocidade en Ourense.
5. Continuar co proceso iniciado o ano pasado, no 75º aniversario da súa morte, para dar a coñecer a súa vida e obra a persoas individuais e entidades ourensás para que se sumen a este proxecto aberto.
O Roteiro comezará entre as 21:50 h. - 22:05 h. coa xuntanza dos participantes no inicio da rúa do Paseo (diante da antiga Ibense).
O roteiro terá as seguintes paradas:
1ª Parada: Delegación de Defensa na rúa do Paseo (Antigo local do círculo católico onde o Bóveda mozo asistiu a clases nocturnas de debuxo impartidas por don Luís Xesta)
2ª parada: Galerías Sol, na rúa Santo Domingo (Sede da administración e redacción da Revista Nós (placa))
3ª parada: na rúa Cardenal Quiroga (Sede do Partido Galeguista, cando se chamaba a rúa Alba. Partido onde militou Bóveda e local onde impartiu varias conferencias, entre elas a do 9 de outubro de 1933 co título “Un ano de aituación do Partido Galeguista e novos rumbos”)
4ª parada: Teatro Principal na rúa da Paz (No Principal pronunciou unha conferencia titulada “Aspectos económicos do estatuto” o 31 de xaneiro de 1933. Neste lugar estaba a sede da Coral de Ruada, da que formou parte Bóveda. Tanto esta entidade como o Orfeón Unión Orensana foron dúas das entidades musicais máis relevantes do momento en Ourense, e Bóveda formou parte das dúas).
5ª e última parada: Casa natal na rúa da Barreira n º16 (placa) (Fronte á casa, a estatua realizada por Buciños que conmemora a homenaxe no centenario do seu nacemento
A Comisión Organizadora Aberta está formada por: Fundación Alexandre Bóveda, Asociación Xuvenil Amencer, Anacos da Cidade, Agrupación Cultural Auriense, Fundación Vicente Risco, Gremio Literatura, Irmandiños de Seixalbo, Queremos Galego, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

segunda-feira, 28 de maio de 2012

domingo, 27 de maio de 2012

Andainas por Galicia: II Travesía Nocturna "Aullidos na serra"

Andainas por Galicia: II Travesía Nocturna "Aullidos na serra":


Nome da proba: II Travesía Nocturna "Aullidos na serra"
Data: 30 de xuñoa as 23:00 horas
Información: 2ª Travesía nocturna de montaña coroando os cumios máis elevados do Macizo Central Ourensán.
O sendeiro discorrerá por antigos camiños de cabreiros, pistas forestais e campo a través. O percorrido circular, de dificultade media/alta, partirá dende a base da Estación de Esquí de Montaña Manzaneda.

Ruta guiada con apoio de vehículos T.T. o itinerario é de 23 Qm. aproximadamente.

PRE - INSCRICIÓN ANTES DO 25/06/2012: 17€

O MESMO DÍA, NA RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES: 19€

Inclúe: Cea no Auto servizo Manzaneda, almorzo, chocolatada e ducha ao final do percorrido. Sorteo de regalos e obsequios para todos.

INSCRICIÓNS: Nova Galicia banco n.º 2091-0403-14-3040011494 ÍAN ES82 2091 040, a nome de: ESCOLA DE ESQUIÍ MANZANEDA,TLF. CONTACTO: 600625658

Quinta edición da "Camiñata por parellas” da Asociación Colectivo Remonte


Quinta edición da "Camiñata por parellas” da Asociación Colectivo Remonte

Música!!!

Á fin din co xeito de por música no meu blogue :))
Hai un pouco de todo o que me gusta, así que espero que a vos tamén...botade un ollo :)

Ruta da Dorna, Vedra

Ruta da Dorna, en Vedra
Un ano máis, pedaleamos ao carón do río, entre os carballos, polas pistas rurais...unha mañá bonita, sen calor nen frío...32 quilómetros ben bonitos.
Eu reventadiña pola falta de entreno.







sábado, 26 de maio de 2012

BTTINTO - 3 DE XUÑO




O vindeiro 03-xuño-2012, o Concello de Ribadumia, coa colaboración dos Clubes Armenteira e Punto, Cdm Xesteiras e Salnés Bici, organiza a I RUTA BTTinto. Unha ruta non federada, gratuita e libre á que nos gustaría convidarvos.

En realidade son dúas rutas, unha de 46 kms, ou larga, de dificultade física e técnica media-alta, con puntos de nivel técnico alto e outra ruta de 33 kms, ou curta, con dificultade física-técnica media.

O percorrido inicial é o mesmo, pero ofrece dúas alternativas para acurtar antes do avituallamento (Km 20), na primeira sacámoslle 2 Kms. e na segunda sacámoslle 3 Kms. chegando así con 15 Kms ó avituallamento. As alternativas non só recurtan en distancia, senón que están deseñadas para evitar as zonas máis técnicas do percorrido, para que así tódolos participantes poidan gozar da ruta elixindo o percorrido que máis se adecúe ás súas posibilidades.As dificultades vanse incrementando, polo tanto se temos dificultades no primeiro tramo largo, o ideal será non probar no seguinte e escoller o curto.

Despois de repoñer forzas temos dúas posibilidades máis de recurtar o percorrido, unha nada máis saír do mosteiro de Armenteira, que nos aforra 5 kms e de paso tamén unha das subidas máis duras e técnicas da ruta. A outra no Km 30 (avituallamento líquido), onde acurtamos 3 Kms deixando de subir ó teito da ruta, 600 mts. Chegamos así a liña de meta con 5+ 8 = 13 Kms menos, e dicir 46 km. totales – 13 km. que acurtamos = 33 Kms de ruta curta.

Toda a información da ruta podédela atopar na páxina do Concello de Ribadumiawww.ribadumia.org, en Foro Mtb ou en www.cdmxesteiras.com.





ültimas novas de participación: http://www.ribadumia.org/index.php?idMenu=5&int1=1522

BARRICAS FOLK, O 8 E 9 DE XUÑO


Isto é algo máis que un festival!!!

Terás unha gran cantidade de servicios a túa disposición:


  1. +ZONA DE ACAMPADA, GRATIS E VIXIADA

  1. +BARRAS E BOCATERÍAS, CON PREZOS POPULARES!!!

  1. +ACCESO MINUSVÁLIDOS

  1. +GUARDERÍA GRATUÍTA, CON LOCAL REAL ACONDICIONADO

  1. +POSTOS DE ARTESANÍA

  1. +PULPERÍA CHURRASQUERÍA

  1. +ZONA OCIO CON ATRACIONES


... E ADEMÁIS É BENÉFICO: 

Tódolos beneficios deste Festival, unha vez pagado o seu custe, serán destinados e repartidos as
persoas máis necesitadas do Concello de Ames mediante bonos para consumir en supermercados, clínicas dentais, etc... O reparto levaráse a cabo coa colaboración do Voluntariado do Concello de Ames.

Todos los beneficios de este Festival, una vez pagado su coste, serán destinados y repartidos entre las personas más necesitadas del Concello de Ames mediante bonos para consumir en supermecados, clínicas dentales, etc... El reparto se llevará a cabo mediante el Voluntariado del Concello de Ames


INFORMACIÓN EN www.barricasfolkrock.com



sexta-feira, 25 de maio de 2012

AUSTERIDADE

"Austeridade é eliminar o superfluo, e quedar co necesario. Austeridade é garantir os servizos básicos i eliminar aquelas cousas que só serven para o beneficio privado duns poucos."


Artigo do compañeiro Isidro, se o queres ver enteiro vai a  http://mundogaliza.com/austeridade/

ENARBORAR O BOSQUE 10 de xuño




Iniciativa que tenta unir a problemática medioambiental coa creación artística inserida no medio natural. Vaise desenvolver O DÍA 10 DE XUÑO na fermosa carballeira de Cotapereira, situada en Correa/Xirarga, no Concello de Beariz (Ourense).



ENARBORAR O BOSQUE 

Unhas risas...

hahahahaha novo video do Gato de Simon

Solidaridade...


Unha boa amiga, envíame a petición dunha amiga súa...e eu axudo a difundir tamén, por se tedes interese en colaborar...


"Los que ya me conocéis sabéis que a veces aprovecho mis viajes a Cuba para ayudar en alguna dificultad que conozca. Suelen ser cosas puntuales como esta que os presento hoy.
Mi hermano y su mujer están esperando un bebé. Ellos viven en Cuba, en la zona rural de la provincia de Ciego de Ávila. Es una zona calurosa -estamos en el Caribe- y de acceso difícil por lo que “ir a la compra” y conservar los alimentos se convierte en un problema. Cuando tengan a su hijo la dificultad aumentará. Aunque ellos están ahorrando para comprar una neverita que les conserve los alimentos su capacidad de ahorro es tan pequeña que lo conseguirán cuando el niño sea grande.
He pensado que con una pequeña ayuda la nevera podría llegar antes que el bebé.
Mi idea es, sortear, enmarcadas, seis de mis mejores fotos. Cada foto se echará a suertes entre 15 rifas y cada rifa costará 5€. Las características de la foto (tamaño, papel, etc.) están en el boleto. Os enviaré los contactos de las fotos para que podáis elegir a cual queréis concursar. El sorteo será el 10 de julio (dadme ideas para la manera de elegir el ganador) y este mismo día se os comunicará a todos. Para el pago sólo tenéis que avisarme y yo iré a recoger el dinero y llevaros el boleto.
Las fotos se entregarán  después del 5 de agosto que es cuando vuelvo de Cuba y también se os mandará, una foto de la familia y la nevera.
Podéis involucrar a vuestros amigos en este mini-proyecto solidario, cuantos más mejor.
Gracias a todos"

Contacto en Facebook ...  Merli López Fotografía  ou en.... merli_1971@yahoo.es








Cursos forGA Compostela para xente desempregada



Iniciouse a convocatoria de Accións Formativas para Desempregados/as, AFD, para o ano 2012.

A forGA-Compostela lle foron concedidos os seguintes cursos dentro da programación AFD dirixida a desempregados e desempregadas:
MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN (Certificado Profesional Nivel 2)Código:ELEE0109, horas: 998
inicio: 04/06/2012
remate: 15/12/2012
horario: de 08:00 a 15:30
CREACIÓN E XESTIÓN DE VIAXES COMBINADOS E EVENTOS (Certificado Profesional Nivel 3)Código: HOTG0108, horas: 688
inicio: 19/06/2012
remate: 14/11/2012
horario: de 08:00 a 15:00
XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS (Certificado Profesional Nivel 3)Código: ADGD0208, horas: 808
inicio: 05/06/2012
remate: 09/11/2012
horario: de 08:00 a 15:30
MONTAXE E REPARACIÓN DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS (Certificado Profesional Nivel 2)Código: IFCT0309, horas: 528
inicio: 26/06/2012
remate: 24/10/2012
horario: de 08:30 a 15:00
As datas e horarios poden mudar por axustes.
REQUISITOS DE ACCESO.
Para os certificados de profesionalidade de nivel 2, os requisitos de acceso son os seguintes, que deberán ser acreditados documentalmente achegando a titulación ou a certificación correspondente (ou equivalencias):
- QUEN POSÚA UN CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DO MESMO NIVEL (N2).
- Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (LOE)
- Graduado en Educación Secundaria (LOXSE)
- 2º BUP con máximo de dous materias pendentes entre os dous cursos
- Técnico (Ciclo formativo grado medio)
- Técnico auxiliar (FP1)
- Oficial industrial
E tamén acreditar o Nivel mínimo de Lingua galega co Celga 2 ou equivalentes.
Para os certificados de profesionalidade de nivel 3, os requisitos de acceso son os seguintes, que deberán ser acreditados documentalmente achegando a titulación ou a certificación correspondente (ou equivalencias):
- QUEN POSÚA UN CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DO MESMO NIVEL (N3).
- Bacharel LOE
- Bacharel LOXSE
- COU; PREU
- Técnico Superior (Ciclo formativos de grao superior)
- Técnico especialista (FP2)
- Título de Perito Mercantil
- Bacharel Laboral Superior do Plan do 63
- Mestre Industrial
- Graduado en Cerámica e Artes Plásticas.
E tamén acreditar o Nivel mínimo de Lingua galega co Celga 3 ou equivalentes.
De non teres as titulacións anteriores, debes ter aprobadas as Competencias Clave específicas ao nivel 2 ou 3.
De non contar coa titulación de acceso mínima non poderás ser seleccionado/a.
Hai outros supostos que permiten o acceso; calquera titulación superior, ou o acceso de maiores de 25 anos á Universidade, por exemplo.
Podes consultar a información completa ao respecto no seguinte enderezo web na páxina da Consellería de Traballo e Benestar:http://traballo.xunta.es/opencms/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/competencias_clave/2011_requisitos_acceso_novos_certificados_prof.pdf
PROCEDEMENTO A SEGUIR.
Se a túa situación entra nos requisitos anteriores e estás interesado/a en participar nos cursos tes que dirixirte a túa oficina de emprego, e solicitar o curso co código arriba indicado, e poñerte en contacto con forGA-Compostela nos telefones que figuran ao pé deste correo.
É importante que, se estás interesado/a, axilices os trámites de solicitude na Oficina de Emprego.
Calquera dubida que teñas, ou solicitar máis información, diríxete a forGA-Compostela aos telefones abaixo sinalados, en horario de atención ao público: de 09:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00, ou por correo electrónico.

forGA-Compostela
Pol. Ind. Novo Milladoiro
Rúa Palmeira, Parc. 21A
15895-Milladoiro, Ames
Movil Forga: 678416543
Telf: 981941629
Fax: 981941628

Carpinteiría e Bioconstrución, 9 e 10 de xuño



A fin de semana do 9 e 10 de xuño hai o seguinte curso, que ten boa pinta...








quinta-feira, 24 de maio de 2012

VEN O VERÁN?

Hoxe fai un sol de carallo, que dirían Os Resentidos...vai calor, ata cando aguantará?
O caso é que con estes cambios drásticos de temperatura, o corpo resíntese...

quarta-feira, 23 de maio de 2012

Control biolóxico de plagas

CADA DÍA ALGO APRENDES


Hoxe? 
-As plagas dos frutais, remédianse introducindo predadores específicos, sen falta de acudir a insecticidas.
Eso xa o sabía, máis, o que non sabía, é que se poden comprar os bichiños específicos.
Buscando atopei esta web, e xa deixo o enlace ao respecto do biocontrol.. 
http://www.biobest.be/productenalg/2/4/


-Os vermicompostadores son mellores que os compostadores simples, pois ao actuar as miñocas, transformase a materia sen producir malos cheiros.


-A estupidez da xente non ten límite


Yolix Namais