quarta-feira, 26 de dezembro de 2012

NAO, CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE

pincha aqui >>>http://www.verkami.com/projects/4001-nao-cancions-de-amor-e-liberdade

Descrición do proxecto

En Agosto deste ano comezamos a preproducción-composición do disco nos Estudios Mafia do Carballiño, da man dun vello amigo de NAO: Óscar Fernández "Chichi".
Logo de máis de 4 meses podemos afirmar que o que comezaron sendo ideas soltas agora son un disco sólido e sen fisuras.
POR QUE CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE?
Porque iso mesmo é o que leva facendo NAO oito intensos anos. Este pretende ser o noso disco definitivo, é por iso que resume no seu título dun xeito tan directo a filosofía da banda.
Agora mesmo temos 10 cortes gravados e imos comezar en Xaneiro a mistura.
Do mesmo xeito temos xa escomenzada a gravación dun videoclip coa produtora audiovisual Oitoemedio produccións.
A nosa idea é ter todo listo e editado o 26 de ferbreiro de 2013. E comezar unha xira de presentación por Galiza en marzo.
Para isto precisamos que nos botedes unha man. A cambio tedes recollidas aquí a vosa dereita os agasallos que recibiredes por ser con nós partícipes deste novo disco.
AS VOSAS APORTACIÓNS IRÁN DESTINADAS A PAGAR:
A producción, gravación e masterización do disco nos Estudios Mafia Records (O Carballiño).
Edición física de 1000 Cds en formato digipack
Deseño do disco, web e social media.
Fabricación de 100 camisolas, 500 cartaces da xira e 200 colantes.
Gravación* dun videoclip.
O que vos pedimos non é o total do que isto custa senón só unha parte.
Xustamente o que nos falta por pagar.
Temos dous discos no mercado. Un deles editado co selo Kamikaze Producións "As palabras espidas". O noso 2º disco "Coas túas mans" auto-editado. Para poder gravar estes discos a banda tivo que poñer unha boa cantidade de cartos nos dous casos. Para "As palabras espidas" pedimos un crédito a unha entidade bancaria, e para "Coas túas mans" os membros do grupo puxemos gran parte do orzamento.
Nós preferimos, desta volta, pedir axuda a quen confiou en nós todos estes anos, mercando os nosos disco, vindo so concertos, os que realmente sodes a esencia da banda e o motor que fai que isto siga igual de quente que nos seus inicios.
Colaborade con nós: Non vos decepcionaremos!!!

sábado, 15 de dezembro de 2012

A sorte de poder ter Seguridade Social...



  Estes días ando a cavilar...sorte que temos de vivir nun lugar onde -aínda- temos seguro médico social/público/universal...chamádelle equis.Menda estivo a piques de pasar á historia nalgunhas ocasións, por cousas ben sinxelas, non por grandes accidentes...a primeira, xa namais nacer, co cordón enrroscado ao pescozo. Logo desa, a máis notoria, por tuberculose. Que sería de min se non tivera desenvolto resistencia ao bacilo? e se non tivera medicación cando me diagnosticaron? As miñas ideas "roxizas" sempre me afloraron desde pequena, non creades que foi fácil neste "terreno hóstil" a esta cor...atea, esquerdista, humanista....En fin, o que nos ocupa.
A Seguridade Social leva con nós algo máis de 100 anos 
(podedes ver aqui a súa historia http://www.seg-social.es/Internet_3/LaSeguridadSocial/HistoriadelaSegurid47711/index.htm)
E nos últimos anos, estou temendo que a liquiden ou a menoscaben fondamente. Sempre o afán de parecerse aos ianquis, no peor que teñen, non nas boas costumes. Cando Clinton abogou polo sistema de Seg.Social, os conservadores fóronlle á iugular decindo que iso era cousa de comunistas. Claro, os pobriños ianquis enseguida pensaron que os ían comer con patacas nun gulag en Siberia. Son tan estúpidos a veces. Recoméndovos que vexades o docu de Michael Moore ao respecto dos seguros médicos en USA. (http://youtu.be/SoHcegEKdzU) ...De veras queremos o mesmo? Eu pasei situación potencialmente perigosas, e mirade, grazas a este sistema que se están a cargar de distintas formas, e grazas á investigación, que tamén se están cargando os mesmos, esas doenzas foron sinxelas de pasar. 
Sen seguridade social, en USA por exemplo, moita xente acaba morrendo ou reforzando ao bacilo , pois non teñen cartos para rematar o tratamento, e ao deixalo a medias, o bacilo colle resistencia. (Bom, similar ao que se fai aqui aínda cos antibióticos...) En países máis pobres, xa morres sen remedio. E só por unha gripe. Agora imaxinade casos máis graves: accidentes de coche, caídas da obra, cancros, infecións...De verdade pensades que non paga a pena loitar por defender este sistema, imperfecto, pero que nos libra moitas veces do mal (amén, :P)  


El diluvio universal ¨cartoon¨ (de darkmatter2525) subtitulado

Jesúcristo Navideño

segunda-feira, 10 de dezembro de 2012

Regreso

Bom, logo dun tempo de abandono, haberá que darlle movimento ao blog...
A ver que se nos ocurre.