quarta-feira, 26 de dezembro de 2012

NAO, CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE

pincha aqui >>>http://www.verkami.com/projects/4001-nao-cancions-de-amor-e-liberdade

Descrición do proxecto

En Agosto deste ano comezamos a preproducción-composición do disco nos Estudios Mafia do Carballiño, da man dun vello amigo de NAO: Óscar Fernández "Chichi".
Logo de máis de 4 meses podemos afirmar que o que comezaron sendo ideas soltas agora son un disco sólido e sen fisuras.
POR QUE CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE?
Porque iso mesmo é o que leva facendo NAO oito intensos anos. Este pretende ser o noso disco definitivo, é por iso que resume no seu título dun xeito tan directo a filosofía da banda.
Agora mesmo temos 10 cortes gravados e imos comezar en Xaneiro a mistura.
Do mesmo xeito temos xa escomenzada a gravación dun videoclip coa produtora audiovisual Oitoemedio produccións.
A nosa idea é ter todo listo e editado o 26 de ferbreiro de 2013. E comezar unha xira de presentación por Galiza en marzo.
Para isto precisamos que nos botedes unha man. A cambio tedes recollidas aquí a vosa dereita os agasallos que recibiredes por ser con nós partícipes deste novo disco.
AS VOSAS APORTACIÓNS IRÁN DESTINADAS A PAGAR:
A producción, gravación e masterización do disco nos Estudios Mafia Records (O Carballiño).
Edición física de 1000 Cds en formato digipack
Deseño do disco, web e social media.
Fabricación de 100 camisolas, 500 cartaces da xira e 200 colantes.
Gravación* dun videoclip.
O que vos pedimos non é o total do que isto custa senón só unha parte.
Xustamente o que nos falta por pagar.
Temos dous discos no mercado. Un deles editado co selo Kamikaze Producións "As palabras espidas". O noso 2º disco "Coas túas mans" auto-editado. Para poder gravar estes discos a banda tivo que poñer unha boa cantidade de cartos nos dous casos. Para "As palabras espidas" pedimos un crédito a unha entidade bancaria, e para "Coas túas mans" os membros do grupo puxemos gran parte do orzamento.
Nós preferimos, desta volta, pedir axuda a quen confiou en nós todos estes anos, mercando os nosos disco, vindo so concertos, os que realmente sodes a esencia da banda e o motor que fai que isto siga igual de quente que nos seus inicios.
Colaborade con nós: Non vos decepcionaremos!!!

sábado, 15 de dezembro de 2012

A sorte de poder ter Seguridade Social...



  Estes días ando a cavilar...sorte que temos de vivir nun lugar onde -aínda- temos seguro médico social/público/universal...chamádelle equis.Menda estivo a piques de pasar á historia nalgunhas ocasións, por cousas ben sinxelas, non por grandes accidentes...a primeira, xa namais nacer, co cordón enrroscado ao pescozo. Logo desa, a máis notoria, por tuberculose. Que sería de min se non tivera desenvolto resistencia ao bacilo? e se non tivera medicación cando me diagnosticaron? As miñas ideas "roxizas" sempre me afloraron desde pequena, non creades que foi fácil neste "terreno hóstil" a esta cor...atea, esquerdista, humanista....En fin, o que nos ocupa.
A Seguridade Social leva con nós algo máis de 100 anos 
(podedes ver aqui a súa historia http://www.seg-social.es/Internet_3/LaSeguridadSocial/HistoriadelaSegurid47711/index.htm)
E nos últimos anos, estou temendo que a liquiden ou a menoscaben fondamente. Sempre o afán de parecerse aos ianquis, no peor que teñen, non nas boas costumes. Cando Clinton abogou polo sistema de Seg.Social, os conservadores fóronlle á iugular decindo que iso era cousa de comunistas. Claro, os pobriños ianquis enseguida pensaron que os ían comer con patacas nun gulag en Siberia. Son tan estúpidos a veces. Recoméndovos que vexades o docu de Michael Moore ao respecto dos seguros médicos en USA. (http://youtu.be/SoHcegEKdzU) ...De veras queremos o mesmo? Eu pasei situación potencialmente perigosas, e mirade, grazas a este sistema que se están a cargar de distintas formas, e grazas á investigación, que tamén se están cargando os mesmos, esas doenzas foron sinxelas de pasar. 
Sen seguridade social, en USA por exemplo, moita xente acaba morrendo ou reforzando ao bacilo , pois non teñen cartos para rematar o tratamento, e ao deixalo a medias, o bacilo colle resistencia. (Bom, similar ao que se fai aqui aínda cos antibióticos...) En países máis pobres, xa morres sen remedio. E só por unha gripe. Agora imaxinade casos máis graves: accidentes de coche, caídas da obra, cancros, infecións...De verdade pensades que non paga a pena loitar por defender este sistema, imperfecto, pero que nos libra moitas veces do mal (amén, :P)  


El diluvio universal ¨cartoon¨ (de darkmatter2525) subtitulado

Jesúcristo Navideño

segunda-feira, 10 de dezembro de 2012

Regreso

Bom, logo dun tempo de abandono, haberá que darlle movimento ao blog...
A ver que se nos ocurre.

quarta-feira, 8 de agosto de 2012

GOZA DO ULLA - Sendeirismo



Memoria Histórica Cerdedo - Verbo Xido


VERBO XIDO  Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes

Camiño do Pouso 2

36560 Soutelo de Montes

                      
     
            O vindeiro luns 13 de agosto, como facemos cada ano desde o 2006, acudiremos ás 20 horas á Ponte do Barco en Pedre (Cerdedo) para lembrar e render unha sinceira e sentida homenaxe ás vítimas da represión franquista na Terra de Montes.
         Francisco Arca e Secundino Bugallo, asasinados na mañanciña do 13 de agosto de 1936, son para nós a representación das 41 mortes, das 254 persoas represaliadas e dos 35 mozos que perderon a vida no frente republicano, todos eles e elas pertencentes á Terra de Montes.
        Ademais de deixar unhas flores no pequeno monumento de pedra que lembra estes terribles feitos, o historiador e membro de Verbo Xido, Dionisio Pereira, falará sobre “Antonio Rodríguez Fraíz e a memoria dos vencidos na Terra de Montes”. Cúmplese este ano o centenario do nacemento do que foi Cronista da Terra de Montes, cofundador do Museo do Pobo Galego, e que, entre outros méritos, ten o de ter sido a primeira persoa en deixar testemuño escrito, aínda antes de morrer o dictador, da represión nesta bisbarra a través das páxinas da Gran Enciclopedia Gallega. Esta será, pois, unha das contribucións que o noso colectivo fará ao devandito centenario.

      Agardamos a vosa presenza neste acto en lembranza das vítimas da barbarie.


                                Lola Varela

                           Presidenta da Asociación Verbo Xido

sábado, 4 de agosto de 2012

Fundación Alexandre Bóveda: programación do 17 de agosto, Día da Galiza Mártir 2012



13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE POIO A ALEXANDRE BÓVEDA.
No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán en representación dos concellos vinculados á vida e morte de Alexandre Bóveda:

  • Silvia Díaz Iglesias (Concelleira de Cultura)
  • Isabel Pérez (Tenente de Alcalde do Concello de Ourense)
  • Miguel A. Lores (Alcalde do Concello de Pontevedra)
  • Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
  • Amalia Bóveda (En representación da Familia Bóveda)
HOMENAXE FLORAL NO MONUMENTO A ALEXANDRE BÓVEDA.

HIMNO GALEGO INTERPRETADO POLA ESCOLA DE MÚSICA TRADICIONAL DE POIO.

14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO VII PREMIO DIA DE GALIZA MÁRTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA á Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero).
No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra. 

Información e inscrición na seguinte ligazón e na páxina web da Fundación Alexandre Bóveda.

18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)

19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA no Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)

Presenta en representación da Familia e da Fundación Alexandre Bóveda: 
  • Xosé Luís Bóveda
Intervirán:
  •  Mini e Mero

20:30 ACTO POLÍTICO na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra) 
Coas intervencións de:
  •  Ernesto Vázquez
  •  Valentín G. Bóveda
  •  Francisco Jorquera (Deputado do BNG no congreso dos Deputados)


segunda-feira, 30 de julho de 2012

Sufren as plantas?

Ás veces xurde a estrana situación de ter que xustificar un estilo  de vida que implica o respecto cara outras formas de vida....e hai de todo...omnívoros que o entenden, e que se ben comen a outros animais, tentan facer que a morte do individuo sexa o menos dorosa posible, e no outro extremo, aqueles que se comportan como deuses, decidindo que os humanos somos o centro do planeta e todo está á nosa disposición.
Estes son os que tentan deixarte en evidencia, cando se lles acaban os argumentos, decíndoche o de "pois vin un documental no que decían que as plantas sinte..." 

Claro, tes que tirar dos teus coñecementos neuroanatómicos e explicarlle o da mecánica táctil, e do SNC e os nociceptores...etc...

Aqui hai vos deixo algunha fundamentación, argumentos, e debates ao respecto.




http://www.cuestionderespeto.com/sufren-las-plantas-1/

http://www.faunatura.com/las-plantas-tambien-sufren.html

http://www.respuestasveganas.org/2006/01/argumento-plantas-tambien-sienten_9324.html

http://www.vegetarianismo.net/servegeta/plantas.html






quinta-feira, 19 de julho de 2012

Universidade de Mondragón


Interesante oferta a da Universidade de Mondragón. Onte escoitei en RNE5 un monográfico curto sobre o que están a facer. Se tivera 18 anos e queixera estudar na universidade...plantexaríame ir aló

http://www.mondragon.edu/es/estudios/grados/grado-en-liderazgo-emprendedor-e-innovacion/

quarta-feira, 18 de julho de 2012

Concentración na Carballeira de Meilide (Cerdedo) contra a curta masiva de carballos e outras especies autóctonas no territorio do Concello, 21 de xullo ás 20 h


A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA CONVOCA UN ACTO EN DESAGRAVIO COS CARBALLOS NA CARBALLEIRA DE MEILIDE (CONCELLO DE CERDEDO)
http://verboxido.wordpress.com/
As políticas forestais das nosas administracións están a levar á desaparición aos nosos sistemas forestais naturais; os bosques e as matogueiras ocupan cada vez menor extensión, mentres os monocultivos de especies pirófitas, os incendios e a destrución de solo que levan asociada, proliferan. O noso monte empobrécese en biodiversidade, en usos e recursos e empobrece ás comunidades rurais que del dependen.
Por outro lado futuro non é en absoluto prometedor. Unha recente Lei de Montes ao servizo das grandes empresas forestais, non presta a necesaria atención á conservación dos ecosistemas naturais que forman parte do monte e que significan unha grande reserva de biodiversidade e recursos. Unha Lei que non incide na necesidade da diversificación e sustentabilidade na obtención de produtos forestais. Unha Lei que favorece a extensión de monocultivos industrializados de especies exóticas, que incrementan a degradación dos solos e o empobrecemento dos montes.
O combate contra o lume forestal ven sendo un dos aspectos máis evidentes da mala planificación forestal. Limitado polos recortes, a falla de interese pola conservación e o servilismo aos intereses de empresas con prácticas forestais degradantes, o Plano de Incendios (PLADIGA) deste verán, reduce a vixilancia e o esforzo en extinción, abandona a prevención e deixa na man da meteoroloxía a superficie queimada. Dende fai anos se ven pedindo unha prevención a medio e longo prazo, que diminúa a cantidade e calidade do combustible do monte, que fomente os recursos sostibles, que protexa a biodiversidade e que mellore a percepción e o uso social do monte, sen que se atenda a esta demanda social.
Porén, as decisións da Xunta van en sentido contrario e amosan unha grande falla de interese por un futuro sostible dos nosos recursos forestais. O recente intento de autorizar fumigacións masivas, deseñadas por ENCE cun insecticida prohibido na UE e que poñen en perigo non so os recursos apícolas senón a agricultura e a biodiversidade vexetal ao atentar contra as abellas, importantes polinizadoras, amosa cara onde se orientan as políticas forestais en Galicia.
Unha das agresións máis tristes e esperpénticas aos bosques a constitúe a curta de carballos ordenada polo Alcalde do Concello de Cerdedo. Amparándose nunha suposta xestión de biomasa para a prevención de lumes e facendo unha lectura segada da Lei 3/2007, estase a promover a curta de árbores autóctonas, especies non pirófitas e polo tanto protectoras dos incendios, moitas delas de grande antiguidade, diante do silenzo da Consellería do Medio Rural.
Facemos, pois, un chamamento á cidadanía para a defensa dos nosos bosques naturais, imprescindibles para o futuro da nosa sociedade, e animamos a todos e todas a participar no acto de desagravio cos carballos que celebraremos nunha das zonas agredidas, na Carballeira de Meilide, o sábado 21 de xulio ás oito da tarde.

Mullerenaxe a Coralia e Maria Fandiño, 18 de xullo de 2012


  Coralia e María Fandiño Ricart

Maruxa: Compostela, 1898 — Compostela, 1980
Coralia: Compostela, 1914 — Compostela, 1983

Maruxa, Coralia, Sarita, Manuel, Alfonso, Antonio, etc. Eran trece os fillos e fillas que tiveron en Compostela Arturo Fandiño e Consuelo Ricart, parella de artesáns, oficio tan frecuente naquel Santiago de principios do século XX. El, zapateiro, con obradoiro na Algalia de Arriba, n.º 32. Ela, costureira e bordadora, con obradoiro na súa propia casa, na rúa do Espírito Santo, profesión que van aprender e compartir, tamén, as súas fillas. Xente traballadora, esforzada, humilde e, porén, digna e leda de conseguir comer coa suor da súa fronte, como se aseveraba a respecto da clase traballadora. Velaí a orixe, a identidade e os nomes das mulleres máis retratadas de Compostela: Maruxa e Coralia —que desde a súa mocidade quixo chamarse Rocío—, “as dúas en punto”, “as dúas Marías”, foco de luz, cor e ledicia na Compostela gris e triste do franquismo.
Maruxa, Coralia e Sarita, pois en principio eran tres —a terceira morreu moi nova—, viviron a súa primeira mocidade naquela Compostela que tanta esperanza tivo no triunfo da República en abril de 1931, un Santiago que medraba xa desde os anos 20 cara ao suburbio coa anexión do concello de Conxo (1925), co proxecto da nova Residencia Universitaria nos terreos explanados para a Exposición Rexional de 1909 —e para a que tanto traballou o reitor Rodríguez Cadarso— e co proxecto da nova estación do tren na Ponte Seca. Esa nova cidade rachaba co pasado eclesiástico e caciquil para ver a luz do traballo das clases artesás e operarias, latexaba co asociacionismo estudantil da FUE, coas forzas políticas republicanas e coa esperanza galeguista dun Estatuto, como así foi, coa convocatoria feita desde a capital de Galiza para a reunión da asemblea de municipios (1932) encargados de elaborar o borrador do Estatuto plebiscitado en xuño de 1936. Esa cidade que tan ben retratou, no vello e no novo, o debuxante Francisco Vázquez “Compostela” nas súas estampas.
Por iso non é estraño que as Marías aprendesen liberdade, dereitos e sindicalismo na súa propia casa, escoitando os seus irmáns Manuel, Antonio e Alfonso, destacados dirixentes e líderes da CNT, organización que no ano 1925 trasladara a Santiago a súa sede rexional e da que Manuel Fandiño, de oficio pintor, era o secretario xeral. E tamén que a súa mocidade se alimentase do clima de animación e esperanza que se vivía en Santiago: cando as irmás Fandiño saían á rúa a pasear vestidas coa roupa feita na casa, con teas de cores, alegres e vivas coma elas, os estudantes galeguistas e republicanos chamábanlles “liberdade, igualdade e fraternidade” e os estudantes de dereitas, da CEDA, “fe, esperanza e caridade”. No entanto, este soño revolucionario afogouse en sangue o 18 de xullo do ano 1936. A sublevación militar franquista e a represión feroz —que na Galiza foi odio, opresión, asasinato e medo— chegou á familia Fandiño Ricart. Os irmáns lograron fuxir; ao principio tiveron mellor sorte que Ánxel Casal, Camilo Díaz Baliño, Recachanta, Narciso Fraga, os irmáns Pasín e un longo etcétera que cómpre aínda recuperar e que quedaron tirados, asasinados nas gabias. Mais elas, as mulleres da casa, a nai e as irmás, si que tiveron que vivir as ameazas, o aceite de rícino, o pelo rapado, os falanxistas que viñan controlar a calquera hora do día e da noite a casa, a intimidade e a dignidade da familia e das mulleres.
Chamáronlles “roxas”, tratáronas de “putas”. O traballo desapareceu como medio de sustento e de dignidade; a fame estivo presente diariamente nas súas vidas a partir de entón. Continuaron vivindo na rúa do Medio, naquela Compostela dos anos 40, 50, 60 e 70, onde só había escuridade, medo e silencio, moito silencio. O triángulo mortal e inquisidor que formaron Falanxe, Igrexa e Exército no franquismo triunfante tras a guerra esnaquizou a súa fraxilidade e a súa cabeza escachou coma o cristal.
E as dúas irmás Fandiño, as mulleres máis coñecidas e retratadas de Compostela, “as Marías”, Maruxa (1898-1980) e Coralia (1914-1983), que sempre se quixo chamar Rocío, conseguiron crear un mecanismo de defensa para sobreviviren: tolearon, e na súa loucura recuperaron o soño da mocidade, escuálidas como se saísen dun campo de concentración, sen dentes, vestíronse de luz e cor e, cheas de afeites —coma se dunha representación de máscaras se tratase: po de arroz, colorete, carmín— nese Santiago da mediocridade, da miseria e do terror, todos os días, á mesma hora, marcada polas badaladas da Catedral, no verán desde a rúa do Espírito Santo até o Paseo no Toural, no inverno nos soportais da rúa do Vilar, desafiaban o gris do clima e da mente das xentes co seu facho de luz permanentemente aceso. E mesmo os estudantes ou visitantes que querían, coa súa galantería hipócrita, achegarse ás máscaras de cor, elas, coa dignidade recuperada e a forza da tolemia rexeitaban aquel “cortexo” respondendo: Tú ya tienes.
Quizais así viviron felices, na súa loucura desesperanzada e cruel, chea de fame e de miseria pero digna. 

Grazas, Marías. 

Grazas, mulleres ledas e riseiras, pola inmensa luz que lle destes gratuíta e xenerosamente a aquela Compostela tan escura.

Autor/a da biobibliografía: Encarna Otero Cepeda




"O 18 de xullo, conmemoración amarga onde as haxa, queremos continuar a recuperar a súa memoria. Dúas cidadás de Compostela sobre as que caeu o aparato represivo franquista. Material e simbolicamente foron excluidas, afastadas e marxinadas pola maioría da cidade."  (
https://www.facebook.com/events/359079364161275/)




 Luz Fandiño 
 Uxía e Sonia Lebedinski
 Coralia e Maria, inmortais
Ofrenda floral d@s asistentes

quinta-feira, 28 de junho de 2012

Convocatoria ao acto da Homenaxe ás vítimas do franquismo na Illa de San Simón - 15 de xullo





 Como tódolos anos, Iniciativa Galega pola Memoria organiza a Homenaxe ás 
vítimas do franquismo na Illa de San Simón. Acto no que participa e  colabora o IEM e que este ano terá lugar o vindeiro domingo 15 de xullo. 
 Necesitamos que todos aqueles que teñan intención de participar  comuníquennolo aos efectos de facer as previsións de cotas para o barco  que nos trasladará á illa.
 As mesmas deben dirixirse á brevidade ao correo oficina@minhor.org ou a  través do teléfono 986 360 575 de 18 a 22 horas de luns a venres. 

en setembro.... Curso da UMP en Gondomar: "Dende o balado ao clic. A construción das novas sociedades rurais galegas"

http://www.minhor.org/component/content/article/39-novas/610-curso-da-ump-en-gondomar-qdende-o-balado-ao-clic-a-construcion-das-novas-sociedades-rurais-galegasq

Obxectivos do curso:
Preténdese dar unha visión global da evolución das sociedades rurais nos seus aspectos organizativos, representativos, culturais, demográficos, lingüísticos, … dende as formas de poboación antigas ata a complexidade das sociedades modernas.
Por outra banda, tamén se analizará como a complexidade propia das urbes se está a exportar ós pequenos núcleos de poboación e que consecuencias está a ter na convivencia inter e intrapobos. Como se están modificando os hábitos, os costumes, as formas de vida, o hábitat, os servizos e, en definitiva, como van mudando os valores desas sociedades, en teoría menos evolucionadas, que son as aldeas do noso pais.
Temario:
A incorporación dos novos urbanitas ao medio rural.
Cambios sociais e participación nas estruturas rurais.
A organización territorial no rural.
Evolución histórico-social, política e administrativa.
A toponimia no rural.
Transformación ou substitución.
O Municipalismo nas novas sociedades rurais e periurbanas.
Accións de futuro


DAMA ALARICANA

...:: ALLARIZ ::... Cultura e Tradición no tempo...



O vindeiro día 29 de xuño será a presentación oficial ante o pública desta bebida artesanal alaricana. Ás 18:00 será para hostaleiros, e ás 20:30h a presentación abrirase ós veciños e veciñas. 

quinta-feira, 14 de junho de 2012

San Xoán no Castrolandín, 2001


SAN XOÁN NO CASTROLANDÍN (CUNTIS) XUÑO DE 2001

FOTOS: TOÑO BARBEITO





Réplica de muíño de man

O producto do traballo do muíño

Filloas castrexas!

Degustando ;)


Preparando os fachos para colocar arredor do castro






En primeiro plano, réplica de escudo e puñal castrexo. Materiais: espuma e estaño

E comeza o lume...




LEGA (Lecer Galego) 21 de xuño

O xoves 21 de xuño, ás 11.30 horas na Libraría Couceiro (Praza Cervantes, 6, baixo) de Santiago de Compostela, GalegoLab vai presentar LEGA (Lecer Galego), un proxecto encamiñado a poñer a disposición da sociedade galega recursos lúdicos dixitais naquelas áreas onde a presenza do galego é baixa ou escasa, xerando contidos baixo licenzas maioritariamente libres que permitan a súa libre distribución e uso.

O proxecto será presentado por Antón Reixa, presidente de GalegoLab, Xoán Antón Pérez Lema e Carlos Ares, membros da xunta directiva, e Xabier Seixo, encargado de desenvolver LEGA.

Exposición fotográfica de Aroa Martínez


domingo, 10 de junho de 2012

Luna lunera...

Hoxe veume á lembranza a miña primeira "filla"...
Estes días que a miña outra pequecha, Sali, está convalecente por unha operación, lembreime da primoxénita.
Era un cruce de siamés, unha gata grande, con carácter.
Algunhas persoas humanas temos a grande sorte de experimentar a conexión animal que nos une cos nosos cachorros felinos...ben, con Luna era o que había...esa relación materno-filial entre humana e felina...esas unllas apretando o meu ventre, namentras se durmía ronroneando...as noites de compaña cando a tristura me abstraía do terrenal...a súa compaña nos momento malos e menos malos, e nos bos....
Pero Luna cumpliu 16 anos, e uns tráxicos últimos días...nos que eu non estaba ao seu carón, por vivir noutra cidade. E tocoume o amargo final, levala a poñer a inxección. E nunca esquecerei a súa mirada, tranquila, fixa nos meus ollos. O veterianario díxome que saíra, que non pasara por aquelo...mais, como me arrepinto de non ter estado ao seu lado naquel último suspiro.
E non digo mentira ao afirmar, que a pesar das persoas queridas perdidas desde 2009, esta ausencia é que aínda me fai chorar. A miña Luna, compañeira incondicional.  Debíalle esta humilde homeaxe cibernética.

Dicionario moderno inglés galego

Dicionario moderno inglés galego
http://www.20editora.com

No nos engañemos, por Lucía Etxebarría

No nos engañemos, por Lucía Etxebarría
Sábado porla noche. Mepillé la mano con la puerta de la cocina (soy muy propensa a los accidentes domésticos: soy sagitario y no tengo “conciencia de pericuerpo”). Me presenté sola en el hospital de Sant Pau porque mi compañero se quedaba a cuidar de mi hija. Me pasaron a la sala de espera. Allí había una niña, venga a llorar. Le pregunté su edad. Tenía 18 años, estudiaba en Barcelona, tenía una otitis. Llevaba dos horas allí. Su familia estaba en Girona. Yo sé que las otitis duelen muchísimo, he pasado alguna. Pero creo que también lloraba porque estaba asustada y sola. Me presenté antela enfermera. Le dije que por favor le dieran un calmante a esa chica. Me dijo que como enfermera ella no podía administrar nada sin autorización del médico. “¿Y dónde está el médico?”. “Ocupado, y aún puede tardar horas”. Y luego me miró: “Tú eres escritora, ¿no? Escríbelo. Cuenta cómo está la situación”. Y eso he decidido hacer.
Vamos a aclarar las cosas. No están haciendo recortes en sanidad porque la cosa esté así de mal, sino porque la sanidad es un gran negocio, y si se privatiza, al estilo de Estados Unidos, muchos se van a hacer multimillonarios.
Se podría recortar de muchas otras partidas.
Los toros se subvencionan: las fiestas taurinas nos cuestan 564 millones al año en subvenciones.
Los clubes de futbol también, de forma indirecta. Deben 750 millones a Hacienda y 11 millones ala Seguridad Social. De hecho, la UE ya ha propuesto investigar al fútbol español por presuntas ayudas del Estado.
Se podría eliminar los sueldos y pensiones vitalicias y prohibir por ley que los expresidentes cobren de la empresa privada a la vez que disfrutan de su pensión vitalicia: González y Aznar siguen sin renunciar al sueldo de 80.000 € mientras reciben altas retribuciones de Gas Natural y Endesa, por ejemplo.
Se podría prohibir que un político cobre del Estado y de la empresa privada: Acebes cobra del Congreso y de Iberdrola, por ejemplo.
Se podría recortar sueldos de cargos políticos. Si un ciudadano tiene que cotizar 35 años para percibir una jubilación, no veo por qué los diputados lo hacen a los siete, ni por qué no tributan un tercio de su sueldo del IRPF, como hacemos los demás.
Se podría endurecer las penas contra el fraude fiscal. El 72% de este fraude proviene de las grandes empresas que facturan más de 150 millones de euros al año, y dela banca. Ahorraríamos90.000 millones de euros.
Se podría eliminar el concordato con el Vaticano. El ahorro final estaría entre los 6.000 y los10.000 millones de euros. Jesús predicaba la pobreza, y la Iglesia se debe mantener mediante las aportaciones de los fieles, como ya dijo el propio san Pablo.
Esa niña que lloraba en urgencias podría ser su hija. Peor aún, usted podría padecer leucemia. Y si la padeciera, un seguro privado no le ayudaría, porque los mejores especialistas están en la Seguridad Social. Lo sé porque se trata de una enfermedad que he vivido de cerca.
Usted que me lee: tome conciencia, por favor. El fútbol es un negocio. Los toros, una tortura. Los gastos del Congreso, un lujo innecesario. Las pensiones vitalicias, una enorme falta de ética. La fe es una opción. Pero la salud es un derecho.

quinta-feira, 7 de junho de 2012

Biodiversidade Galega: Colabora con Biodiversidade Galega

Biodiversidade Galega: Colabora con Biodiversidade Galega: O territorio galego é unha das zonas da Iberia que alberga unha grande riqueza de especies. A multitude de hábitats existentes, os dife...

Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía”

http://bitaculas.as-pg.com/literaria/entry/iii_certame_de_curtametraxes_curtas


O  Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases do certame e organizar as galas de entrega de premios e de promoción do certame, se for o caso, e de resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases.
Así mesmo, a AS-PG designará un Xurado que estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado faranse públicos no enderezo web: http://bitaculas.as-pg.com/literaria/ na entrada Curtas para Rosalía

musicaengalego: CONCERTOS XUÑO 2012

musicaengalego: CONCERTOS XUÑO 2012: Xuño 6 Narf Mercromina Rock Bar Compostela Xuño 7 Vaamonde Lamas e Romero A Cova Celtica A Coruña Xuño 7 Ith Pub Nordeste (Sa...

Eduardo Galeano - El Derecho al Delirio (Legend)

quarta-feira, 6 de junho de 2012

Adiado ENARBORAR O BOSQUE para o 17 de xuño


A organización da iniciativa ENARBORAR O BOSQUE comunica que, diante da predicción meteorolóxica que dá choiva bastante para o domingo día 10 e na medida que se vai realizar ao aire libre, decidiu adiar a devandita actividade ata o domingo 17 de xuño a partir das 12 da mañá.
Agardando un chisco de bonanza para entón, VÉMONOS O DÍA 17 NA CARBALLEIRA DA COTAPEREIRA, EN CORREA/XIRARGA (BEARIZ)!!.
 
Verbo Xido  

VII Penedos do Lobo

Andainas por Galicia: VII Penedos do Lobo:

VII Penedos do Lobo


Nome da proba: VII Penedos do Lobo (Maratón, Andaina, Cross y BTT de montaña) Manzaneda
Organiza: Asociación deportiva Desafío 2000 e Estación de Montaña Manzaneda
Data: 16 de septembro de 2012.
Distancia do percorrido: Maratón 42 Qm; Andaina e Cross: 25 Qm; BTT: 45 Qm.
Información e inscrición:  VII Penedos do Lobo , antes do 10 de setembro.

5 de xuño de 1937

Emotivo 75 cabodano  hoxe en A Estrada. Pouca xente, como era de esperar, a pesares dos esforzos en publicitalo.
Do goberno municipal actual, so asistiu o BNG e o PSOE...tamén era de esperar...
Mañá, máis fotos...
O vindeiro sábado día 9, seguimos afondando na memoria, coa presentación de dous libros. Mais ese evento xa está no índice deste blogue.








Cárcel de Pontevedra, 13 de marzo de 1937


Ramón Fernández y demás compañeros.


Amigos y correligionarios de la Estrada:

Estos compañeros nuestros, que el barómetro de la existencia les puso en el grado de tener que sucumbir, a merced de la calumnia y la infamia; estos hombres que con espíritu ante la más ignominiosa de las acusaciones, han tenido que ser víctimas de una sentencia inocua para ser inmolados en aras del ideal, puro e inmaculado de la República, que aún después de ejecutados, surgirán siempre por donde caiga una sola gota de nuestra sangre; estos hombres que sus hogares se cubren de luto, y los corazones de sus viudas y sus inocentes hijos están empañados y horriblemente contorsionados por la amargura de que estos miserables ensucian sus manos en nuestra sangre sin macula; estos hombres a vosotros se dirigen, para encargaros en último y postrer encargo especial, que sabréis cumplir fiel y estrictamente todos, puesto que el recuerdo de estos mártires perdurará en vuestra memoria.
¡Pues bien! Estos hombres (cadáveres vivientes) os recomiendan ante todo serenidad, mucha serenidad, para soportar el duro trance, cuando os digan que estos queridos amigos vuestros han sido ejecutados; y luego invariables de la causa; os rogamos no abandonéis a nuestras pobres esposas y a nuestros queridos hijos, a éstos decidles que sus padres han muerto por el ideal santo de la República; por la regeneración de la España de menesterosos y de los hambrientos, por los honrados trabajadores nobles, nos han fusilado. Esperamos (recalcamos esto) miréis mucho por nuestras viudas y por nuestros pequeñuelos, que tengan siquiera pan para amortiguar el hambre de estas criaturas que quedan sin tener que comer. Vosotros que sois honrados, que sois hombres que tenéis corazón con fibras de republicanismo como nosotros, sentís a la par que nosotros como embarga en nuestro pecho el dolor, no por morir, pues demasiado sabéis la entereza que nos caracteriza, sino por tener que dejar la hora bendita del triunfo que se aproxima y no poder verlo. Y ahora que hablamos y mencionamos el triunfo, esta hora que está muy próxima, esta hora que a pesar de nuestro estado de marrición, que por estarlo así no podemos ver, en esta hora que suponemos que vuestros corazones tratarán de evadirse de vuestros pechos con la emoción; mas en esta hora que todos al grito unísono de viva la República; en esta hora que la Bandera tricolor ondea en la cúspide más alta de La Estrada; en esta hora la más grande quizás para nosotros que los siglos vieron; en esta hora, queridos correligionarios y camaradas nuestros; en esta hora símbolo de la redención de la nueva era; que en medio de vosotros a toda voz resuene, se oiga cual preciado clarín, en todos los ámbitos de La Estrada y digan muy claramente sin precisar de altavoces, fantoches hipócritas y canallas como acabamos de dejar el mundo; que pronuncien esto: ¡Republicanos! Queridos camaradas: Existen en estos momentos de innegable olvido más nombres que tenemos que grabar con letras de oro, el nombre de más mártires de La Estrada, víctimas de la más ignominiosa opresión que los siglos vieron: Ramón Fernández Rico, Manuel Nogueira González, Jesús Puente Fontanes, José Mª Pena López, Cándido Tafalla Froiz y José Rodríguez Sangiao. Tampoco vamos a olvidar a José Gómez Rivas, Manuel Puente Porto, José Fernández Cortez, José Vidal Puga, Manuel Vázquez Cruz y José Graciano García, y vosotros añadiréis si alguno más cae después de nosotros.
Os queremos decir con esto, vecinos y compañeros, que nos consta sabréis cumplir con vuestro deber; pero como así mismo nos consta que pronunciaréis nuestros nombres y lo mismo los de nuestras familias, y si alguno ha caído con la famosa ley de fugas, que tanto ha imperado para todos estos; justicia, justicia y advertencia; si os parece que aún pagando con la vida no hemos cumplido con nuestro deber, entonces, correligionarios, entonces no se la hagáis, y si queréis que siga la farsa, que siga. Pero tened presente que estas voces y consideraciones que os hacemos, el prisma del nuevo régimen, tenedlo muy en cuenta, en los lamentos de ultratumba.
Ahora que salimos del feo encargo; aunque nos perdonéis lo extenso que somos, otros encargos de menor "tara": esperamos que en la próxima reunión, después de posesionaros del Ayuntamiento, conste esta carta, mal hilvanada, en el libro de actas. Que una de las calles más céntricas de la floreciente villa, llevará esta inscripción: Mártires de La Estrada; y que obraréis como os lo pedimos en nombre de la República y de la democracia y del ideal que nos lleva a la tumba. Queridos compañeros nuestros, estas toscas líneas que vosotros lleváis son los últimos latidos del corazón de estos "cristos" que al grito de "Matadles, matadles" que algunos desgraciados tahúres vecinos nuestros así lo han dicho, así que no queremos entristeceros más, no queremos haceros sufrir más, tampoco queremos que seáis hombres forjados en estos suplicios que atravesamos todos, así que, compañeros, el último pensamiento será para vosotros; muestra que seremos firmes y enteros ante el piquete, gritaremos con toda la fuerza de nuestros pulmones: ¡Viva la República, viva el Frente Popular, viva la Libertad, viva la Democracia y abajo los tiranos!
Compañeros, el último abrazo y el último pensamiento cumplidlo por bien de la causa, para que jamás la historia del mundo tenga que soportar tan horrendos crímenes.
Salud camaradas, hasta la eternidad.

segunda-feira, 4 de junho de 2012

23 de xuño - IX Carreira Noctura Pedestre de Celanova


Campamento ecolóxico de Educación Ambiental


 Campamento ecolóxico de Educación Ambiental organizado polo grupo de Amigos de la Tierra Comunidad de Madrid.

Combinaranse as alternativas que ofrece As Corcerizas coa experiencia da asociación en campamentos de educación ambiental, actividades de lecer e multiaventura.

Unha oportunidade para a convivencia de rapaces/zas de distintos territorios do Estado español, e na montaña!

    DATAS: 2 a 11 de agosto
    IDADES: 8 a 16 anos

    PREZO: 287€ para socios/as; 331€ para non socios/as


    Máis información e inscricións:

    amigos@tierramadrid.org; 91 697 34 22 – 678 481 037