sexta-feira, 3 de outubro de 2014

A ELEGANCIA DO NATURAL
Elegancia: eficiencia resultante de prescindir de artefactos inutiles. 

   A última fin de semana de setembro asistín a un curso sobre metodoloxía Montessori. O pouco que sabia, era de ter que preparar material para explicar a  outras persoas.
Desde o primeiro día que lin sobre María Montessori, quedei fascinada.


foto: http://www.canstockphoto.es/franqueo-estampilla-italia-1970-dr-maria-9249911.html



  A súa proposta é elegante, e eso é o que fai extraordinario este método. É tan lóxico, elaborado, complexo, e respetuoso co desenvolvemento do ser humano, que abruma.
Explícome: No trancurso de décadas de educación académica, os métodos de ensino-aprendizaxe foron desvirtuándose...as ideas claves quedaron polo camiño e chegaron só as abstraccións... E se o fracaso escolar viñera de aí? Porque non todas as persoas aprendemos igual, e a uns ou unhas vailles ven o plano das ideas, namentras a outros e outras nos vai mellor experimentar.
E aí é onde Montessori pon o foco...para facervos unha idea, mirade este vídeo de como  multiplicar con Montessori





 Pero tamén é certo que me decatei que a miña filosófia, a miña forma de entender a aprendizaxe, é a mesma. E non imaxinades o que me emocionou tomar conciencia deste feito, que xa viña sospeitando desde que lin sobre o tema.
Eu, ao igual que moitas das participantes neste curso, sentimos que sacabamos unha lousa de enrriba: “non somos raras” .
O certo é que a todos e todas se nos enche a boca de conceptos estupendos, de protestas contra o sistema. Pero a canta xente coñecedes que faga algo por cambialo? E se tentas cambialo... cantas críticas ou advertencias recibes? Eso si, logo voltamos ao mesmo: blablabla, que mal está todo. Pero de que te queixas se cando podes non cambias, e a quen o intenta o tachas de raro/a?
Venme á mente a frase de Desmond Tutu "Se eres neutral en situacións de inxustiza, elixes o lado do opresor"




A muller que impartiu o curso, é guía Montessori, formada en Irlanda hai 15 anos, e seu nome é Céline Hameury.
As sesións con ela non poden deixar indiferentes a ninguén: vólcase como só o fai a persoa que cree e ama o que fai: motiva, ensina e emociona. Como ela ben di, os materiais desenvoltos por M.Montessori, e as súas evolucións e derivacións posteriores, son importantes, pero tanto ou máis é a filosofía, a ética que envolve o xeito de ensinar desde esta perspectiva: AMBIENTE, AMOR, NENO/A






Información de interese:
Sobre a organizadora do curso    http://educacionycrianza.blogspot.com.es/
Sobre a guía / docente : http://montessorihoy.blogspot.com.es/




------------------------
CASTELLANO


"El último fin de semana de septiembre asistí a un curso sobre metodología Montessori. Lo poco que sabia, era de tener que preparar material para explicar a otras personas.
Desde el primer día que leí sobre María Montessori, quedé fascinada.

(Referencias y biografía) (Documental)

Su propuesta es elegante, y eso es lo que hace extraordinario este método. ES tan lógico, elaborado, complejo, y respetuoso con el desarrollo del ser humano, que abruma.
Me explico: En el trancurso de décadas de educación académica, los métodos de enseñanza-aprendizaje fueron desvirtuándose...las ideas claves quedaron por el camino y llegaron sólo las abstracciónes...¿Y si el fracaso escolar viniera de ahí? Porque no todas las personas aprendemos igual, y a unos o unas les va bien el plano de las ideas, mientras a otros y otras nos va mejor experimentar.
Y ahí es donde Montessori pone el foco...para haceros una idea, mirad este viedo de cómo multiplicar con Montessori
Pero también es cierto que me me di cuenta de que mi filosófia, mi forma de entender el aprendizaje, es la misma.
Y no imagináis lo que me emocionó tomar conciencia de este hecho, que ya venía sospechando desde que leí sobre el tema.Yo, al igual que muchas de las participantes en este curso, sentimos que sacábamos una losa de encima: "no somos raras" .Lo cierto es que a todos y todas se nos llena la boca de conceptos estupendos, de protestas contra el sistema. Pero a cuanta gente conocéis que haga algo por cambiarlo? Y si lo intentas cambiar... cuantas críticas o advertencias recibes? Eso sí, luego volvemos a lo mismo: blablabla, que mal está todo. Pero de que te quejas si cuando puedes no cambias, y a quien lo intenta lo tachas de raro/a?
Me viene a la mente la frase de Desmond Tutu "Si eres neutral en situaciones de injusticia, eliges el lado del opresor"
La mujer que impartó el curso, es guía Montessori, formada en Irlanda hace 15 años, y su nombre es Céline Hameury.
Las sesiones con ella no pueden dejar indiferente a nadie: se vuelca como sólo lo hace la persona que cree y ama lo que hace: motiva, enseña y emociona. Como ella bien dice, los materiales desenvueltos por M.Montessori, y sus evoluciones y derivaciones posteriores, son importantes, pero tanto o más es la filosofía, la ética que envuelve la manera de enseñar desde esta perspectiva: AMBIENTE, AMOR, NIÑO/A


3 comentários:

  1. "Se non podemos pensar por nós mesmos, se somos incapaces de cuestionar a autoridade, somos pura masilla en mans dos que exercen o poder. Pero se os cidadáns reciben unha educación e forman as súas propias opinións, os que están no poder traballan para nós. En todos os países deberíase ensinar aos nenos o método científico e as razóns para a existencia dunha Declaración de Dereitos. Con iso adquírese certa decencia, humildade e espírito de comunidade. Neste mundo posuído por demos que habitamos en virtude de seres humanos, quizá sexa iso o único que nos ailla da escuridade que nos rodea"

    Carl Sagan, "The Demon-Haunted World: Science as a Candle in the Dark"

    ("O mundo e seus demos: a ciencia coma unha candea na escuridade")

    ResponderEliminar
  2. GRACIAS del fondo del corazón por ser y estar :)

    ResponderEliminar