sábado, 15 de dezembro de 2012

A sorte de poder ter Seguridade Social...



  Estes días ando a cavilar...sorte que temos de vivir nun lugar onde -aínda- temos seguro médico social/público/universal...chamádelle equis.Menda estivo a piques de pasar á historia nalgunhas ocasións, por cousas ben sinxelas, non por grandes accidentes...a primeira, xa namais nacer, co cordón enrroscado ao pescozo. Logo desa, a máis notoria, por tuberculose. Que sería de min se non tivera desenvolto resistencia ao bacilo? e se non tivera medicación cando me diagnosticaron? As miñas ideas "roxizas" sempre me afloraron desde pequena, non creades que foi fácil neste "terreno hóstil" a esta cor...atea, esquerdista, humanista....En fin, o que nos ocupa.
A Seguridade Social leva con nós algo máis de 100 anos 
(podedes ver aqui a súa historia http://www.seg-social.es/Internet_3/LaSeguridadSocial/HistoriadelaSegurid47711/index.htm)
E nos últimos anos, estou temendo que a liquiden ou a menoscaben fondamente. Sempre o afán de parecerse aos ianquis, no peor que teñen, non nas boas costumes. Cando Clinton abogou polo sistema de Seg.Social, os conservadores fóronlle á iugular decindo que iso era cousa de comunistas. Claro, os pobriños ianquis enseguida pensaron que os ían comer con patacas nun gulag en Siberia. Son tan estúpidos a veces. Recoméndovos que vexades o docu de Michael Moore ao respecto dos seguros médicos en USA. (http://youtu.be/SoHcegEKdzU) ...De veras queremos o mesmo? Eu pasei situación potencialmente perigosas, e mirade, grazas a este sistema que se están a cargar de distintas formas, e grazas á investigación, que tamén se están cargando os mesmos, esas doenzas foron sinxelas de pasar. 
Sen seguridade social, en USA por exemplo, moita xente acaba morrendo ou reforzando ao bacilo , pois non teñen cartos para rematar o tratamento, e ao deixalo a medias, o bacilo colle resistencia. (Bom, similar ao que se fai aqui aínda cos antibióticos...) En países máis pobres, xa morres sen remedio. E só por unha gripe. Agora imaxinade casos máis graves: accidentes de coche, caídas da obra, cancros, infecións...De verdade pensades que non paga a pena loitar por defender este sistema, imperfecto, pero que nos libra moitas veces do mal (amén, :P)  


Sem comentários:

Enviar um comentário