domingo, 6 de julho de 2014

O Xogo e os espazos na escola infantil







 O aquí exposto será algo a medias entre conclusións e reflexións logo da asistencia a estas xornadas.

 Non se pretende facer un resume do visto e vivido, pois para eso, mellor que cada quen faga un achegamento propio aos contidos e ideas das persoas que falaron de seu traballo nestas sesións.


Instalacións
Javier Abad Molina:
http://eprints.ucm.es/9161/
http://www.oei.es/artistica/experiencia_estetica_artistica.pdf
https://sites.google.com/site/seminariodeinfantil/javier-abad
http://revistas.ucm.es/index.php/ARTE/article/view/ARTE0808110167A
  
Inés Fernández Núñez. EI As Galeras
http://escolasinfantis.net/blogue_centro/oleiros_galeras/ 



Reflexións:

  • A crise nos conceptos establecidos é precisa para avanzar.
  • A educación está suxeita a ciclos, coma o resto de ámbitos da sociedade; os ciclos comezan, péchanse, e dan lugar a outro novo.
  • Cada época ten unhas necesidades e características diferentes que a fan iso: unha época...senón sería un contínuo histórico sen comezoo e fin. Cada época, pois, está suxeita ás demandas sociais, que xa non son bipolares, senón que teñen múltiples "corpus".
  • Cando as escolas infantis se viron como necesarias, para desterrar ás garderías, a idea era educar a nenos e nenas; pretendíase deixar atrás o mero asistencialismo.
          Actualmente, hai un  exceso educacional, non é? 
   As escolas comezaron a tratar esa educación infantil coma un entreno da vida académica posterior, da vida pre-adulta suxeita a horarios e tarefas.
Esgótase de novo un modelo, e a solución non é tanto voltar á gardería, senón axustar o equilibrio entre ambos modelos: non se quere o mero asistencialismo, nen a PURA actividade académica de 0 a  3 anos. Que tal algo entremedias?
Que tal deixar que os nenos e nenas se eduquen ao seu ritmo, experimenten, observen...? 
E as educadoras e os educadores terán un papel igualmente fundamental : guiar e controlar sen intromisión, sen interferir nos descubrimentos.
  • A sociedade demanda resultados e productos. Se os nosos fillos e fillas non traen da escola un debuxo, unha "manualidade", un xoguete feito por eles/as (ou máis ben, pola educadora...esto é así case sempre) semella que non aprenden.  
     "O xogo non sirve para nada,  teñen que facer e facer e facer...producir, producir e producir"
    Todo a imaxe e semellanza do noso triste mundo adulto: producir no traballo, na casa, no tempo libre. Logo queixarémonos cando cumplan uns cantos anos..."que morriña dos tempos aqueles nos que erades bebés...que rápido medrades" 
Egoístas
Deixemos que xoguen, lixen a roupa, se manquen tamén...porque se nós  resolvemos a situación, eles/elas non poderán facelo. Teño unha frase recurrente para iso: os nenos e nenas que non usan  unha tixeira ou un coitelo para axudar a un/ha adulto na cociña, por exemplo, non experimenta con el ata que o colla nun arrebato de facer algo "prohibido". E como nunca experimentou con ese obxecto punzante e cortante, utilizarao mal. E seguramente contra o ventre de alguén.
Cando non se ten claro a función de algo, arriscámonos a "inventar" outras que non son as máis idóneas.
E aquí recomendo unhas poucas charlas TED :

- Gever Tulley  "Cinco cousas perigosas que deberas deixar facer ás túas crianzas"
 (pódese leer en o transcript en español)
           http://www.ted.com/talks/gever_tulley_on_5_dangerous_things_for_kids/transcript

 - Ken Robinson   "Como a escola mata a creatividade"
(transcript tamén en galego)
           http://www.ted.com/talks/ken_robinson_says_schools_kill_creativity/transcript

- Logan LaPlante "Esto é o que pasa cando un neno de 13 anos abandoa a escola"
(sub. en español)
            http://vimeo.com/84774250
          

Xogar é vivir... As primeiras veces que vin esta pequena peza caíanme as bágoas da fermorura que supoñía.....http://youtu.be/1kopGpijuE8




INSTALANDO...
Instalación nas Escolas Infantís da zona



Lara Fernández Pérez: E.I. Fonte da Balsa     http://escolasinfantis.net/blogue_centro/galescola_fonte_da_balsa/

















E FIXEMOS UNHA INSTALACIÓN CON TRES ELEMENTOS.





















A idea: os educadores e as educadoras inspíranse ( ou non) nunha obra de arte. Fan a súa instalación, preséntana, e nenos e nenas xogan ata esgotar as posibilidades. O primeiro día, sobre 40 minutos. Deixase sen tocar, para que sigan ao día seguinte. 
Xogan, experimentan os materiais, captan a beleza dos obxectos, relaciónanse, negocian...
Pasar a este modelo é complicado. Precísase formación, motivación...e creer nel, pois se non é así, o mellor é deixalo de lado para  non desvirtualo.
E ese paso pode durar anos..así que ánimo!

Rolos de papel de caixa rexistradora, plumas de fantasía,
 e bolsas de papel reutilazadas 
Se nós o pasamos ben, e o outro grupo xogou coa nosa "obra artística", e tamén se divertiu...imaxinade as crianciñas que teñen case todo por descubrir.
 


INFANTIL VS INFANTILIZAR
Son as persoas adultas as que xeran as estéticas e as linguaxes"infantilizadas".
Dan por suposto que correcto son cores estridentes, chamativas, palabras acortadas e ridículas...Énchense os espazos con paredes de cores "chillonas", bonecos Disney, fálaselle ás personiñas con palabras incompletas e/ou distorsionadas. Afondamos na inmadurez por unha banda, e por outra, machacamos con horarios a cumplir, tarefas a rematar, e obrigas a interiorizar canto antes.


 "PARCHÍS" VS "LENZOS BRANCOS"
 A idea é usar as paredes coma un lenzo branco sobre o que expoñer ideas, sentimentos, creatividade. Arte cambiante. Porque calquera persoa pode ser artista da súa obra.
Os espazos alternarán cor/non cor (branco ou negro, e o resto de cores) co obxectivos de focalizarnos sobre algo concreto. Se facemos unha instalación nun espazo cheo de obxectos, e con sobrecarga de cores...non chamará a atención. Facede a proba con calquera cousa na vosa casa. Como focalizades máis?
O ambiente debe afondar na calma, na concentración.

Vendo imaxes das escolas  antes e despois do cambio "Abadiano", pensei que esa serenidade dada pola cor branca podería  infundir seriedade - da máis positiva- nas crianzas: dirixirse ás aulas de paredes brancas nas que se dá importancia ao obecto que nela aparece.
Facede a proba tamén.
Eu teño na casa fotografías de pasisaxes e prantas...unha ou dúas sobre a parede monocolor.
Resultado: focalización ,  imaxinación, evasión, vivencias mentais.




Escola infantis que busca entrar "en crise" para mellorar


Beatriz Ferreira Varela : EIM A Caracola
http://periodicos.edu.coruna.es/montealto/


Montserrat Sancho Castro : EIM Montealto

http://periodicos.edu.coruna.es/montealto/


Outra educación infantil é posible. O necesario realmente é educar aos pais e ás nais...á sociedade.




METÁFORAS E IDEAS QUE NOS FAN PENSAR

A metáfora do bambú xaponés... as sementes desta planta pasan 7 anos baixo terra, sen que arriba podas ver nada. Ao pasar eses 7 anos, en pouco máis de un mes, medra a un ritmo de 1 metro diario...que fois o que estivo a pasar baixo terra? As sementes medraron, pero en raíces enormes e fortes para sustentar sete anos despois o ritmo da planta que chega a 30 metros en seis semanas.
E se nós somos coma o bambú?
Deixovos un enlace ao conto-metáfora http://www.encuentos.com/cuentos-espirituales/el-helecho-y-el-bambu/

O fío vermello do destino...hai "fios" invisibles que nos unen a unha persoas coas outras. ese fío, pode estirarse ou encollerse, mais nunca rompe. As relación que facemos ao longo da nosa vida, permanecen dun ou doutro xeito: teremos persoas que nos acompañen sempre, de xeito intermitente, que marchen, pero sempre modifican a nosa forma de ser e pensar. Por iso é importante coidarnos, coidar as relacións.

"Fai moito tempo, un emperador decatouse de que nunha das provincias do seu reino vivía unha bruxa moi poderosa, quen tiña a capacidade de poder ver o fío vermello do destino e mandouna traer ante a súa presenza. Cando a bruxa chegou, o emperador ordeoulle que buscase o outro extremo do fío que levaba atado ao meñique e que o levase ante a que sería a súa esposa.
A bruxa accedeu a esta petición e comezou a seguir e seguir o fío. Esta procura levounos ata un mercado, onde unha pobre campesiña cunha bebé nos brazos ofrecía os seus produtos.
Ao chegar ata onde estaba esta campesiña, detívose fronte a ela e invitouna a poñerse de pé.
Fixo que o novo emperador achegásese e díxolle : «Aquí termina o teu fío», pero ao escoitar isto o emperador enfureceu, crendo que era unha burla da bruxa, empuxou á campesiña que aínda levaba á súa pequena bebé en brazos e fíxoa caer, facendo que a bebé fixésese unha gran ferida na fronte, ordenou aos seus gardas que detivesen á bruxa e lle cortaran a cabeza. 
Moitos anos despois, chegou o momento en que este emperador debía casarse e oa súa corte recomendoulle que o mellor era que desposase á filla dun xeneral moi poderoso.
Aceptou e chegou o día da voda. E no momento de ver por primeira vez a cara da súa esposa, a cal entrou ao templo cun fermoso vestido e un veo que a cubría totalmente? Ao levantarllo, viu que ese fermoso rostro tiña unha cicatriz moi peculiar na fronte."
http://es.wikipedia.org/wiki/Hilo_rojo_del_destino

























Sem comentários:

Enviar um comentário