quarta-feira, 30 de maio de 2012

Roteiro de Alexandre Bóveda



O día 1 de xuño (venres) a partires das 22:00h :segundo roteiro adicado a Alexandre Bóveda en Ourense.




Os obxectivos deste roteiro son os seguintes:
1. Lembrar o aniversario do nacemento de Alexandre Bóveda na súa cidade natal.
2. Concienciar á sociedade ourensá da relevancia de Bóveda no noso país.
3. Redescubrir a súa figura na súa e nosa cidade, que é Ourense.
4. Festexar dun xeito lúdico a súa entrega por Galiza a través dun roteiro polos lugares máis significativos da súa infancia e mocidade en Ourense.
5. Continuar co proceso iniciado o ano pasado, no 75º aniversario da súa morte, para dar a coñecer a súa vida e obra a persoas individuais e entidades ourensás para que se sumen a este proxecto aberto.
O Roteiro comezará entre as 21:50 h. - 22:05 h. coa xuntanza dos participantes no inicio da rúa do Paseo (diante da antiga Ibense).
O roteiro terá as seguintes paradas:
1ª Parada: Delegación de Defensa na rúa do Paseo (Antigo local do círculo católico onde o Bóveda mozo asistiu a clases nocturnas de debuxo impartidas por don Luís Xesta)
2ª parada: Galerías Sol, na rúa Santo Domingo (Sede da administración e redacción da Revista Nós (placa))
3ª parada: na rúa Cardenal Quiroga (Sede do Partido Galeguista, cando se chamaba a rúa Alba. Partido onde militou Bóveda e local onde impartiu varias conferencias, entre elas a do 9 de outubro de 1933 co título “Un ano de aituación do Partido Galeguista e novos rumbos”)
4ª parada: Teatro Principal na rúa da Paz (No Principal pronunciou unha conferencia titulada “Aspectos económicos do estatuto” o 31 de xaneiro de 1933. Neste lugar estaba a sede da Coral de Ruada, da que formou parte Bóveda. Tanto esta entidade como o Orfeón Unión Orensana foron dúas das entidades musicais máis relevantes do momento en Ourense, e Bóveda formou parte das dúas).
5ª e última parada: Casa natal na rúa da Barreira n º16 (placa) (Fronte á casa, a estatua realizada por Buciños que conmemora a homenaxe no centenario do seu nacemento
A Comisión Organizadora Aberta está formada por: Fundación Alexandre Bóveda, Asociación Xuvenil Amencer, Anacos da Cidade, Agrupación Cultural Auriense, Fundación Vicente Risco, Gremio Literatura, Irmandiños de Seixalbo, Queremos Galego, Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Sem comentários:

Enviar um comentário