sábado, 26 de maio de 2012

BTTINTO - 3 DE XUÑO




O vindeiro 03-xuño-2012, o Concello de Ribadumia, coa colaboración dos Clubes Armenteira e Punto, Cdm Xesteiras e Salnés Bici, organiza a I RUTA BTTinto. Unha ruta non federada, gratuita e libre á que nos gustaría convidarvos.

En realidade son dúas rutas, unha de 46 kms, ou larga, de dificultade física e técnica media-alta, con puntos de nivel técnico alto e outra ruta de 33 kms, ou curta, con dificultade física-técnica media.

O percorrido inicial é o mesmo, pero ofrece dúas alternativas para acurtar antes do avituallamento (Km 20), na primeira sacámoslle 2 Kms. e na segunda sacámoslle 3 Kms. chegando así con 15 Kms ó avituallamento. As alternativas non só recurtan en distancia, senón que están deseñadas para evitar as zonas máis técnicas do percorrido, para que así tódolos participantes poidan gozar da ruta elixindo o percorrido que máis se adecúe ás súas posibilidades.As dificultades vanse incrementando, polo tanto se temos dificultades no primeiro tramo largo, o ideal será non probar no seguinte e escoller o curto.

Despois de repoñer forzas temos dúas posibilidades máis de recurtar o percorrido, unha nada máis saír do mosteiro de Armenteira, que nos aforra 5 kms e de paso tamén unha das subidas máis duras e técnicas da ruta. A outra no Km 30 (avituallamento líquido), onde acurtamos 3 Kms deixando de subir ó teito da ruta, 600 mts. Chegamos así a liña de meta con 5+ 8 = 13 Kms menos, e dicir 46 km. totales – 13 km. que acurtamos = 33 Kms de ruta curta.

Toda a información da ruta podédela atopar na páxina do Concello de Ribadumiawww.ribadumia.org, en Foro Mtb ou en www.cdmxesteiras.com.





ültimas novas de participación: http://www.ribadumia.org/index.php?idMenu=5&int1=1522

Sem comentários:

Enviar um comentário