sexta-feira, 25 de maio de 2012

Cursos forGA Compostela para xente desempregada



Iniciouse a convocatoria de Accións Formativas para Desempregados/as, AFD, para o ano 2012.

A forGA-Compostela lle foron concedidos os seguintes cursos dentro da programación AFD dirixida a desempregados e desempregadas:
MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS DE BAIXA TENSIÓN (Certificado Profesional Nivel 2)Código:ELEE0109, horas: 998
inicio: 04/06/2012
remate: 15/12/2012
horario: de 08:00 a 15:30
CREACIÓN E XESTIÓN DE VIAXES COMBINADOS E EVENTOS (Certificado Profesional Nivel 3)Código: HOTG0108, horas: 688
inicio: 19/06/2012
remate: 14/11/2012
horario: de 08:00 a 15:00
XESTIÓN INTEGRADA DE RECURSOS HUMANOS (Certificado Profesional Nivel 3)Código: ADGD0208, horas: 808
inicio: 05/06/2012
remate: 09/11/2012
horario: de 08:00 a 15:30
MONTAXE E REPARACIÓN DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS (Certificado Profesional Nivel 2)Código: IFCT0309, horas: 528
inicio: 26/06/2012
remate: 24/10/2012
horario: de 08:30 a 15:00
As datas e horarios poden mudar por axustes.
REQUISITOS DE ACCESO.
Para os certificados de profesionalidade de nivel 2, os requisitos de acceso son os seguintes, que deberán ser acreditados documentalmente achegando a titulación ou a certificación correspondente (ou equivalencias):
- QUEN POSÚA UN CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DO MESMO NIVEL (N2).
- Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (LOE)
- Graduado en Educación Secundaria (LOXSE)
- 2º BUP con máximo de dous materias pendentes entre os dous cursos
- Técnico (Ciclo formativo grado medio)
- Técnico auxiliar (FP1)
- Oficial industrial
E tamén acreditar o Nivel mínimo de Lingua galega co Celga 2 ou equivalentes.
Para os certificados de profesionalidade de nivel 3, os requisitos de acceso son os seguintes, que deberán ser acreditados documentalmente achegando a titulación ou a certificación correspondente (ou equivalencias):
- QUEN POSÚA UN CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE DO MESMO NIVEL (N3).
- Bacharel LOE
- Bacharel LOXSE
- COU; PREU
- Técnico Superior (Ciclo formativos de grao superior)
- Técnico especialista (FP2)
- Título de Perito Mercantil
- Bacharel Laboral Superior do Plan do 63
- Mestre Industrial
- Graduado en Cerámica e Artes Plásticas.
E tamén acreditar o Nivel mínimo de Lingua galega co Celga 3 ou equivalentes.
De non teres as titulacións anteriores, debes ter aprobadas as Competencias Clave específicas ao nivel 2 ou 3.
De non contar coa titulación de acceso mínima non poderás ser seleccionado/a.
Hai outros supostos que permiten o acceso; calquera titulación superior, ou o acceso de maiores de 25 anos á Universidade, por exemplo.
Podes consultar a información completa ao respecto no seguinte enderezo web na páxina da Consellería de Traballo e Benestar:http://traballo.xunta.es/opencms/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/competencias_clave/2011_requisitos_acceso_novos_certificados_prof.pdf
PROCEDEMENTO A SEGUIR.
Se a túa situación entra nos requisitos anteriores e estás interesado/a en participar nos cursos tes que dirixirte a túa oficina de emprego, e solicitar o curso co código arriba indicado, e poñerte en contacto con forGA-Compostela nos telefones que figuran ao pé deste correo.
É importante que, se estás interesado/a, axilices os trámites de solicitude na Oficina de Emprego.
Calquera dubida que teñas, ou solicitar máis información, diríxete a forGA-Compostela aos telefones abaixo sinalados, en horario de atención ao público: de 09:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00, ou por correo electrónico.

forGA-Compostela
Pol. Ind. Novo Milladoiro
Rúa Palmeira, Parc. 21A
15895-Milladoiro, Ames
Movil Forga: 678416543
Telf: 981941629
Fax: 981941628

Sem comentários:

Enviar um comentário