domingo, 10 de junho de 2012

Luna lunera...

Hoxe veume á lembranza a miña primeira "filla"...
Estes días que a miña outra pequecha, Sali, está convalecente por unha operación, lembreime da primoxénita.
Era un cruce de siamés, unha gata grande, con carácter.
Algunhas persoas humanas temos a grande sorte de experimentar a conexión animal que nos une cos nosos cachorros felinos...ben, con Luna era o que había...esa relación materno-filial entre humana e felina...esas unllas apretando o meu ventre, namentras se durmía ronroneando...as noites de compaña cando a tristura me abstraía do terrenal...a súa compaña nos momento malos e menos malos, e nos bos....
Pero Luna cumpliu 16 anos, e uns tráxicos últimos días...nos que eu non estaba ao seu carón, por vivir noutra cidade. E tocoume o amargo final, levala a poñer a inxección. E nunca esquecerei a súa mirada, tranquila, fixa nos meus ollos. O veterianario díxome que saíra, que non pasara por aquelo...mais, como me arrepinto de non ter estado ao seu lado naquel último suspiro.
E non digo mentira ao afirmar, que a pesar das persoas queridas perdidas desde 2009, esta ausencia é que aínda me fai chorar. A miña Luna, compañeira incondicional.  Debíalle esta humilde homeaxe cibernética.

4 comentários:

  1. Também passei por isso,minha Amiga.Por isso,compreendo muito bem o que sentes.Parabéns pelo belíssimo texto.Um abraço.

    ResponderEliminar
  2. Abraço felino, caro António

    ResponderEliminar
  3. Prezada YOLIX NAMAIS: Eses sentimentos din moito ben das persoas que asi senten, so poden entender esas maneiras de xeitura, as presoas que viviron semellantes momentos, entre as que eu tamén estou. Unha grande aperta e hai que seguir para diante, que asi é a vida, que tamén ten momentos millores.

    ResponderEliminar
  4. Outra aperta a ti, amigo Ricardo

    ResponderEliminar