sábado, 2 de junho de 2012

A nosa memoria histórica...9 de xuño



Con motivo do 75 aniversario do fusilamento dos máximos representantes do pobo estradense elixidos democraticamente o 5 de xuño de 1937, a Asociación Cultural “Vagalumes”, vai levar a cabo unha actividade na súa honra de difusión da nosa memoria histórica coa presentación
 de dous libros que constitúen achegas moi importantes para iluminar o noso recente pasado e no que colaboran autores estradenses (David Otero e Xoán Carlos Garrido): “A guerrilla antifranquista galega. Actas do Congreso” e “Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano”. Ademais dos devanditos escritores estarán presente os seus editores. No primeiro caso da Asociación Cultural “Alexandre Bóveda” da Coruña, e a participación da filla e do neto de Alexandre Bóveda Amalia e Valentín. E no referente ao congreso da Guerrilla, contaremos coa intervención do presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña Fernando Souto. Como remate actuación musical do grupo “A Quenlla”.
Galería Dispara. Rúa Virxinia Pereira, 4, baixo, A Estrada


Sem comentários:

Enviar um comentário